jueves, abril 30, 2009

Indígname...

... a cantidade de faltas de ortografía que cometen algunhas persoas cando comentan as noticias de "La Región".
Xa sei que eu non son precisamente un escritor, nin un filólogo, e que algúns deses erros son tipográficos e non ortográficos, pero é que cando atopas perlas do estilo ye (polo pronome galego lle), dame vergoña allea...

Non pido un master en redacción xornalística nin literaria, pero, polo menos, escribir con propiedade e acentuar medianamente bem, sería bo

jueves, abril 16, 2009

Galician

I'm tired of listening too much "sandeces", "idioteces" and "subnormalidades" about that pretended imposition of Galician language...
Then, we should learn, speak and xpress ourselves in English, a very useful language!
Spanish would't be no longer avaliable without South America...
Oh, Galician... language of cows, language of poors... Spanish, so apreciated language! English is the future! Or maybe Chinesse?

Desculpade os erros na escrita inglesa, téñoo algo "rusty".

jueves, marzo 05, 2009

Ct

Ct - Coche de Touriño
Moeda oficial da oposición galega, equivalente a 500.000 euros.
Exemplo: firmouse un acordo por valor de 2Ct = firmouse un acordo por valor de 1 millón de euros.
Comeza a oposición. Utilicemos a nova moeda para medir as actuacións (boas e malas) do novo goberno.

miércoles, marzo 04, 2009

Despois do 1M...

... o máis sensato é pensar coma o Pontevedra: “Hai Que Roelos”.


Bem, o máis sensato para todos estes que, despois do 1M ás 22:00h “ya lo sabían”. Sí, agora todo o mundo sabía que a campaña presidencialista de Touriño fora un fracaso, que o reparto eólico ía a traer consecuencias, que ao mellor non era o momento de aplicar o decreto do ensino en galego... tantas cousas que “xa se sabían”...

Gustaríame compartir convosco - comuna de roghos (moitos incluso nacionalistas) - unhas cantas consideracións sobre o acontecido nos últimos días (non so este domingo).


Antes de nada, e como compañeiro de profesión, gustaríame sinalar a gravidade da intromisión dos MEDIA na campaña política. Parécenme gravísimos os feitos dos últimos días da campaña por parte de diarios como ABC (dosificación de información contra o bipartito) e EL MUNDO (pediu o voto directamente nun editorial o venres para unha determinada forza política).

O da VOZ, mellor que o comente miguelinho, iso a min xa me dá arcadas. Aínda así, tampouco quero xustificar o incesante apoio de Xornal para co BNG.

Con isto quero defender unha tese de Buenaventura, que dixo que “os media son actualmente un factor de distorsión social”. Eu diría máis: son culpables e síntomas ao tempo da inmadurez política e democrática da nosa terra, e tamén do estado español. Creo que, aínda que sexa moi discutible, non se deron as condicións mínimas de hixiene democrática nesta campaña.

Agora, a polas forzas políticas:


· PP: os gañadores. Si, incrementouse a participacion (pola tarde, tradicionalmente voto de esquerdas) e non so gañaron, senon que arrasaron. Unha maioría (non aplastante) convincente para poder sentirse lexitimados coas súas políticas.

Creo que souberon capitalizar a crise cunha boa campaña de desgaste do bipartito, MOI apoiados polos media. Concédolles o mérito de saber apartar a figura de Fraga, aínda moi presente entre o electorado da dereita galego (aínda que non o fixeran en Arxentina - falo das fotos dos autobuses urbanos).

Hei de dicir (e sei do que falo) que nin eles o esperaban, pero o caso é que recobraron o poder tan so 4 anos máis tarde. 4 anos. Que pasa? Que non gustou o bipartito? Que Galicia é de dereitas e non hai volta de folla?

Hoxe todo o mundo ve os defectos do bipartito, pero cando eu avisei dalgunhas cousas que non me parecían de recibo no meu concello, ninguén me fixo caso (e con esto non quero apuntarme ao carro dos “eu xa o sabía”).

Por exemplo, o pacto de non agresión entre o bipartito non me pareceu bem (recordoume, salvando as distancias, ao pacto xermanosoviético anterior á IIGM). Hai nacionalistas que non queren saber do psoe, e hai socialistas que non queren saber do nacionalismo. Sabemos todos que,hoxe por hoxe, teñen que gobernar xuntos, pero non por iso se presentan xuntos. Esta e outras cousas que vou a comentar agora, son para min a clave do descontento. Sexamos claros, a clave dos 115.000 votos menos.


PSOE: Touriño asumiu moitos riscos, e perdeu. E ostiouse de carallo. E, segundo din, non quería dar a cara o domingo para dar explicacións. Ninguén lle recomendou atrasar as eleccións ata marzo, e tomou a decisión sen consenso.

A súa campaña presidencialista (por certo, que levou a Sra. Rushmore, axencia de moda) foi todo un erro. Touriño non era Fraga. Para ser Fraga hai que ter carisma, non chega con sair nos medios todos os días e parecer un tío guai.

A cabeza de Touri xa rodou, e parece que Pachi Vázquez é o máis probable no PSOE, agora que se sinte forte (xunto a Ricardo Varela) e que, se gañan o 5º deputado en Ourense co voto da emigración, estaría en condicións de pedir, xa que foi o único gañador do seu partido.



BNG: se non digo esto, revento: creo que Quintana é un chulo. Non é polo do iate (xa sabemos que a foto é do 2005), senón porque asumiu o cargo de vicepresidencia con moita altanería, polo menos para min. Á xente non lle molestaba o audi de Touriño, moletáballe ter dous presidentes.

Creo que á xente lle molestaba que as consellerías fosen compartimentos estanco, que hobese dous gobernos paralelos (na nosa área: comunicaición e audiovisual, sí que pasaba) e que, polo menos en Ourense, Medio Rural levara unha política de contratación neofraguista.

O BNG fixo cousas moi boas (bantegal, aposta polo software libre...) pero outras non gustaron tanto. Creo que Cultura foi un “bluff”, non se pode vivir so dos partidos da Selección Galega (por certo, qué pasará con ela agora?).

Espero que agora haxa unha reflexión profunda, a UPG ocupe o sitio que merece (que non é liderar o BNG) e que roden cabezas. Si, creo que hai xente que non merece estar á fronte do BNG. Unha opción sensata, a pesar da idade, sería Suarez Canal.

BNG e PSOE perderon máis de 115.000 votos. TEGA + UPyD (sen comentarios) + IU gañaron máis de 50.000. O PP subiu 3.000... non cadran os números.

A miña teoría é que os vellos que morreron dende o 2005 (recordade o avellantamento da nosa poboación), voto tradicional da dereita, se viu compensado pola migración da esquerda ao PP. Isto é, o voto de castigo da esquerda, que soe ser voto nulo ou branco, foi a parar á dereita.


O de UPyD non ten nome. 4ª forza política... 23.000 votos.... incrible. A estes, e sobre todo ao PP, fixéronlle un favorazo os contramanifestantes do 8F, que converteron ao PP nuns mártires, no canto de demostrar qué realmente pasaba (que se manifestaban contra o uso do galelgo).


martes, marzo 03, 2009

Internet Rural

Ou de como unha conexión a internet limitada pode frear o desenvolvemento tecnolóxico no rural.
Isto da rede de telecentros está moi bem. Uns ordenadores para navegar por internet, no noso caso, con 2mbps (reales) de conexión en momentos bos (á primeira hora da mañá), podes ver páxinas web, vídeos, fotos, os xornais dixitais pero...
- Nin falar de bittorrent ou de emule ou outro tipo de p2p. Sen entrar no debate da legalidade das descargas, pensa que os portos que manexan este tipo de programas están CAPADOS. Bem, pódese vivir sen as descargas p2p.
- O teu xestor de correo non funcionará: será que non funciona? Non, é que os portos pop e smtp para descargar e eenviar o correo... están CAPADOS.
- Non te plantexes sequera subir documentos a unha páxina web, o porto 21 e, por extensión, os accesos FTP están CAPADOS.
Isto é, é coma ter un coche ao que non lle funciona o volante. Para ir para adiante moi bem, pero nin te plantexes xirar á esquerda ou á dereita.

Sen embargo, como somos catro usuarios, ninguén protesta nin Telefónica nos fai caso...

lunes, marzo 02, 2009

Despois do 1-M...

... cómpre reflexionar.
Houbo cousas que se fixeron mal, pero tanto... tanto...

Deámonos un par de meses para pensar e repensar profundamente. Existen varios partidos que teñen que reposicionarse incluso ante o seu electorado...

miércoles, febrero 25, 2009

Malentendidos...

... provocados por descoidos dos xornalistas, coma o que sucedeu hai uns días en Verín, onde "Un vecino de Chaves fallece en un accidente tras negarse a abonar una copa en Verín"
Foi a copa quen o matou? O/a Dono/a do bar?
Dende cando se abonan copas?
Misterios da vida...